Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 13 de xullo de 2012 Páx. 28063

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CÉDULA do 25 de xuño de 2012, da Secretaría Xeral para o Turismo, pola que se notifican as propostas de resolución dos expedientes sancionadores OU-S-3/2012 e OU-S-18/2012, por infraccións en materia de turismo.

Mediante esta cédula, e de conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de decembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro) notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan as propostas de resolución dos expedientes sancionadores OU-S-3/2012 e OU-S-18/2012, xa que, intentada polos medios habituais, non puido practicarse.

Os interesados poderán recoller a proposta de resolución, así como acceder ao correspondente expediente, mediante comparecencia nas dependencias deste departamento territorial, rúa Curros Enríquez, 1, 3º andar, de Ourense.

De acordo co artigo 19.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, contra esta proposta de resolución poderá, no prazo de 15 días contados desde a súa notificación, formular alegacións e presentar os documentos e informacións que considere convenientes, ante o instrutor do procedemento.

Expediente: OU-S-3/2012.

Titular sancionado: Ourense Graos, S.L.

Establecemento: Zona Cero.

Domicilio: Ramón Cabanillas, 18.

Localidade: Ourense.

Proposta de resolución: 29 de maio de 2012.

Tipificación da infracción: artigo 109.2.b) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Sanción proposta: catrocentos (400,00) euros.

Expediente: OU-S-18/2012.

Titular sancionado: Antonio Quintas Queija.

Establecemento: Os Corzos.

Domicilio: nacional 525, km 165.7.

Localidade: Verín.

Proposta de resolución: 29 de maio de 2012.

Tipificación da infracción: artigo 109.2.b) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Sanción proposta: apercibimento.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2012

Mª del Carmen Pardo López
Secretaria xeral para o Turismo