Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 13 de xullo de 2012 Páx. 28163

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO de información pública sobre a instalación e apertura dun almacén de artigos de oficina na Marisqueira.

Grafoplas del Noroeste, S.A. solicitou unha licenza municipal para a instalación e apertura dun almacén de artigos de oficina nunha nave situada na Marisqueira, naves 3 e 4, parroquia de Almeiras. O expediente sométese a información pública durante un prazo de vinte (20) días, segundo o que establece o artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, co fin de que os afectados pola actividade que se pretende instalar poidan examinalo, na Secretaría do concello, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Culleredo, 30 de maio de 2012

P.D. (Resolución de 22.6.2011; BOP nº 131, do 11 de xullo)
Diego Antonio Taibo Monelos
Concelleiro delegado da Área de Urbanismo