Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 13 de xullo de 2012 Páx. 28173

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rois

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan de sectorización do solo rústico apto para urbanizar en Sobre das Grelas.

O Pleno da corporación, en sesión de data 5 de maio de 2012, levou a cabo a aprobación inicial ao proxecto de Plan de sectorización do solo rústico apto para urbanizar do PXOM de Rois en Sobre das Grelas, ao abeiro da disposición transitoria décimo terceira da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural, e dispúxose o sometemento a información pública mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión na provincia para os efectos de que durante o dito período se poida examinar o expediente e se poidan formular as alegacións e suxestións que se consideren oportunas, computándose o remate do referido prazo de alegacións desde a data de publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, dilixenciándose a documentación exposta pola Secretaría Xeral, con notificación individual aos propietarios dos terreos afectados, segundo a relación catastral incorporada no proxecto, notificación que se fará por medio de anuncios no taboleiro de edictos do concello e no BOP, cando sexan descoñecidos, sexa ignorado o lugar de notificación ou intentada esta non se puidese practicar.

Durante o prazo de 2 meses contado a partir da publicación desde anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examinar o expediente nas dependencias municipais e formular as alegacións e xustificacións que considere procedentes en horario de oficina desde as nove ás catorce horas.

Rois, 14 de maio de 2012

Ramón Tojo Lens
Alcalde