Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 13 de xullo de 2012 Páx. 28165

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Láncara

ANUNCIO de información pública sobre a ampliación de nave avícola en Mosteiro.

Juan C. Sobrado Carreira, representante de Avisoga S.C, solicitou desta alcaldía licenza municipal para a ampliación de nave avícola que se situará en Mosteiro-Bande-Láncara. En cumprimento do disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública, por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Láncara, 1 de xuño de 2012

Eladio Capón López
Alcalde