Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 16 de xullo de 2012 Páx. 28373

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Ferrol (expediente IN407A 89/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS cambio de sección SMR-732 (3ª fase).

Situación: concello de Ferrol.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 1,955 km, con orixe en empalmes proxectados na LMTS SMR-732, tramo a CS Auditorio (expediente: 26/11), con entrada e saída no CT Caranza nº 6 (expediente: 27.156), CT Caranza nº 15 (expediente: 27.640), CT Caranza nº 16 (expediente: 27.640), CT Caranza nº 14 (expediente: 27.640), CT Caranza nº 13 (expediente: 27.640), condutor tipo RHZ, e final en empalmes proxectados na LMTS SMR-707 a C.T. Praza de España (expediente: 195/05).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 20 de xuño de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña