Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 16 de xullo de 2012 Páx. 28327

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Rosa María Pita Pita.

Na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tramitase o recurso 562/2011 (procedemento ordinario), interposto por Rosa María Pita Pita contra a Resolución do 21 de marzo de 2011, da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, pola que se inadmite o recurso de reposición interposto contra a Resolución do 4 de febreiro de 2011, desta dirección, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, relativos á baremación definitiva da fase de concurso e á presentación da documentación dos definitivamente seleccionados/as. (DOG do 10 de febreiro de 2011) (categoría: ATS/DUE).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2012

(Por delegación de sinatura do 22 de xuño de 2012)
Mercedes Castro Seijas
Subdirectora xeral de Planificación, Selección e Desenvolvemento Profesional