Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 16 de xullo de 2012 Páx. 28338

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol

EDICTO (709/2011).

Procedemento: xuízo verbal 709/2011.

Sobre: outros verbal.

De: Comercial Maquinaria F-3, S.L.

Procurador: Antonio Rubin Barrenechea.

Avogado: Carlos Fontenla Blanco.

Contra: Pereira Feal, S.L.

José Miguel Regueiro Pérez, secretario xudicial do Xulgado de Primera Instancia número 4 de Ferrol, fago saber que en virtude do acordado nos autos de referencia, e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da LAC, por medio deste notifícaselle á entidade demandada Pereira Feal, S.L. a sentenza ditada nos autos de referencia cuxo encabezamento e decisión din como segue:

«Sentenza: 28/2012.

Sentenza.

Xuíz que a dita: Javier Tudela Guerrero.

Lugar: Ferrol.

Data: 10 de febreiro de 2012.

Demandante: Comercial Maquinaria F-3, S.L.

Avogado: Carlos Fontenla Blanco.

Procurador: Antonio Rubín Barrenechea.

Demandada: Pereira Feal, S.L.

Procedemento: xuízo verbal 709/2011.

Antecedentes de feito.

1. O 11.10.2011 a entidade demandante presentou demanda de xuízo verbal por razón da contía exercendo a acción cambiaria directa como lexítima tedora das seguintes obrigas de pagamento:

i) Obriga de pagamento de 30.5.2008, con vencemento o 21.10.2008, por importe de 1.169,77 euros, que xerou uns gastos de devolución de 3,45 euros.

ii) Obriga de pagamento de 30.5.2008, con vencemento o 30.10.2008, por importe de 930,16 euros, que xerou uns gastos de devolución de 3,45 euros.

iii) Obriga de pagamento de 30.5.2008, con vencemento o 20.11.2008, por importe de 502,78 euros, que xerou uns gastos de devolución de 3,45 euros.

2. Citada a demandada a xuízo verbal que terá lugar o 31.1.2012, non compareceu, e foi declarada en rebeldía procesual. A demandante interesou proba documental e interrogatorio de legal representante. Declarouse pertinente.

3. Na tramitación desta causa observáronse as prescricións legais.

Decisión.

Acordo: estimar integramente a demanda presentada por Comercial Maquinaria F-3, S.L. contra Pereira Feal, S.L. e condeno o segundo a pagarlle ao primeiro:

I. O principal e os gastos das seguintes obrigas de pagamento:

i) Obriga de pagamento de 30.5.2008 con vencemento o 21.10.2008, por importe de 1.169,77 euros, que xerou uns gastos de devolución de 3,45 euros.

ii) Obriga de pagamento de 30.5.2008, con vencemento o 30.10.2008, por importe de 930,16 euros, que xerou uns gastos de devolución de 3,45 euros.

iii) Obriga de pagamento de 30.5.2008, con vencemento o 20.11.2008, por importe de 502,78 euros, que xerou uns gastos de devolución de 3,45 euros.

II. Os principais citados xeran xuros percibidos desde a data de vencemento das obrigas de pagamento calculadas ao tipo de xuro legal do diñeiro incrementado en dous puntos, condenado a entidade demandada ao pagamento destes.

III. As custas impóñense á entidade demandada.

Modo de impugnación: a presente resolución, verbal pola contía e inferior a 3.000 euros, é firme.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

E para que conste e a súa publicación no DOG para que sirva de notificación en forma da sentenza á entidade Pereira Feal, S.L., expido e asino o presente edicto.

Ferrol, 23 de marzo de 2012

José Miguel Regueiro Pérez
Secretario xudicial