Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 105/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Roberto Rosende Mallo contra a empresa Frutas Rías Baixas, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:
«Parte dispositiva.
Que rectifico o erro material que contén a decisión da sentenza en canto sinala: «...cantidade á cal haberá que descontar as cantidades percibidas polo demandante en concepto de prestación por desemprego durante o período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2011 e o 11 de marzo de 2012», deberá quedar redactado da seguinte forma: «...cantidade á cal se deberá descontar as cantidades percibidas polo demandante en concepto de prestación por desemprego durante o período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2012 e o 11 de marzo de 2012».
Que non procede o resto da rectificación pretendida vía aclaración de sentenza baixo pena de modificar o contido da sentenza ditada, e queda, pois, a sentenza invariable nos seus restantes pronunciamentos.
Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que fronte a esta non cabe ningún recurso.
Así o acordo, mando e asino, María Mercedes Pena Moreira, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».
E para que sirva de notificación en legal forma a Frutas Rías Baixas, S.L., expido este para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2012
A secretaria xudicial

