De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, e non sendo posible practicar a notificación dos procedementos que se relacionan no anexo, por causas non imputables á Administración, despois dos intentos de notificación exixidos polo artigo anterior, polo presente anuncio emprázase o interesado sinalado no anexo para ser notificado por comparecencia dos actos administrativos derivados dos procedementos que se indican.
O interesado, ou o seu representante, deberá comparecer no prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, de luns a venres na oficina liquidadora correspondente no enderezo e horario que se sinala no anexo.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento de prazo sinalado para comparecer.
Pontevedra, 13 de xullo de 2012
(P.O. do 26.6.2012)
Ángel I. Fuentes Ríos
Xefe da Sección de Recadación Executiva
ANEXO
|
Interesado |
Órgano tramitador |
Procedemento |
|
|
NIF |
Apelidos e nome |
||
|
36082512-C |
Cernadas Orge, Alfonso |
O.L. Redondela |
Trámite de audiencia ITP e AXD Expte.: T-2918/08 Liq.: 600725186679 |
ITP e AXD: imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.
Órgano tramitador:
O.L. Caldas: Oficina Liquidadora de Caldas de Reis. Rúa Juan Fuentes Echevarría, 59-1º A. 36650 Caldas de Reis (das 9.00 ás 14.00 horas).
O.L. Cambados: Oficina Liquidadora de Cambados. Rúa Pardo Bazán, 18-1. 36630 Cambados (das 9.00 ás 14.00 horas).
O.L. A Estrada: Oficina Liquidadora da Estrada. Rúa Antón Losada Diéguez, 21. 36680 A Estrada (das 9.00 ás 14.00 horas).
O.L. Lalín: Oficina Liquidadora de Lalín. R/ Memorias dun neno labrego, nº 1, entlo. 36500 Lalín (das 9.00 ás 14.00 horas).
O.L. Ponteareas: Oficina Liquidadora de Ponteareas. Rúa Paseo Matutino, 2, entlo. 36860 Ponteareas (das 8.00 ás 13.00 horas).
O.L. Ponte Caldelas: Oficina Liquidadora de Ponte Caldelas. Rúa López Boullosa, 7. 36820 Ponte Caldelas (das 9.00 ás 14.00 horas).
O.L. Redondela: Oficina Liquidadora de Redondela. Rúa Ernestina Otero, 26-D 36800 Redondela (das 9.00 ás 14.00 horas).
O.L. Tui: Oficina Liquidadora de Tui. Rúa Foxo, 20. 36700. Tui (das 8.00 ás 13.00 horas).
O.L.Vilagarcía: Oficina Liquidadora de Vilagarcía de Arousa: Rúa Alcalde Rei Daviña, 3-1º B. 36600 Vilagarcía de Arousa (das 9.00 ás 14.00 horas).

