Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Traballo e Benestar, mediante Orde do 11 de maio de 2012 (DOG nº 101, do 29 de maio), de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde, esta consellería,
RESOLVE:
Primeiro. Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, á funcionaria que se expresa no anexo desta orde, seleccionada conforme ao establecido nas bases da convocatoria, realizada por Orde desta consellería do 11 de maio de 2012.
Segundo. O cesamento no actual destino da funcionaria que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Se na data na que debe cesar no seu destino a funcionaria está desfrutando un período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.
A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade na que actualmente presta os seus servizos a funcionaria, ou no prazo dun mes, de tratarse de distinta localidade, conforme ao establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.
Terceiro. O xefe do centro no que cause baixa a funcionaria, así como o daquel no que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no apartado anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.
Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2012
Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar
ANEXO
Apelidos e nome: Pereiras Pérez, Carmen.
DNI: 33244965-Y.
Grupo: A2.
Corpo/escala: técnico da escala de Administración especial da Administración local-asistente social.
Denominación do posto: Xefatura do Servizo de Promoción de Actividades e Mobilidade Xuvenil.
Código: TR.C09.00.002.15770.005.
Nivel: 28.
Dependencia: Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
Localidade: Santiago de Compostela.