Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 23 de xullo de 2012 Páx. 29423

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 27 de xuño de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se procede a darlle publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca para a provisión, polo sistema de libre designación, o posto de xefe de Servizo de Atención Primaria de Xinzo de Limia, a cubrir por persoal licenciado sanitario.

A citada resolución estará exposta desde a mesma data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro oficial de anuncios da Xerencia de Xestión Integrada e na páxina web do Sergas (www.Sergas.es).

As solicitudes poderán presentarse no prazo de 15 días hábiles, desde o seguinte ao desta publicación.

Ourense, 27 de xuño de 2012

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras