Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 24 de xullo de 2012 Páx. 29742

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 5 de xullo de 2012 pola que se notifica a resolución de procedemento administrativo sancionador do expediente 14-01-12-09.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 112, do 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao denunciado, cos datos persoais e último domicilio coñecido que no anexo se mencionan, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, a resolución do procedemento administrativo sancionador por infracción do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos, aprobado pola O.M. do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.

O órgano competente para a resolución do expediente, de acordo coa tipificación e contía da sanción e, en virtude do disposto no artigo 39.1.a) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo (DOG nº 146, do 1 de agosto), é o director do ente público.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o presidente do Consello de Administración segundo o establecido no acordo de delegación de competencias do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, publicado pola Resolución do 1 de setembro de 2008 no DOG nº 190, do 1 de outubro. O prazo para interpoñer este recurso é dun mes a cortar a partir do día seguinte desta publicación.

Transcorrido o devandito prazo, a resolución sancionadora devirá firme e executiva e poderá facerse efectiva en período voluntario o importe da sanción, dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria (BOE nº 302, do 18 de decembro), mediante ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Gallego, Banco Pastor, Banesto, BBVA, BHS e Novagalicia Banco), empregando o modelo impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia.

De non efectuarse o ingreso no devandito prazo, procederase á súa exacción por vía executiva.

E para que conste e lles sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2012

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia

ANEXO

-Expediente

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-hora-porto

-Precepto infrinxido

-Precepto sancionador

-Sanción proposta

Sanc. 14-01-12-09

Celador do porto

ICMIE, S.C.

Rúa Vilalba, 5

27700 Ribadeo (Lugo)

Evento non autorizado.

27.9.2011

12.00 horas

Ribadeo (Lugo)

Art. 306.1.a) do Real decreto lexislativo 2/2011 TRLPEMM

Arts. 58, 59 e 64 da O.M. do 12.6.1976

Art. 312 do Real decreto lexislativo 2/2011

TRLPEMM

300 €