Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 24 de xullo de 2012 Páx. 29739

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 18 de xuño de 2012, da Zona Sur do ente público Portos de Galicia, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Mariscos Vidal Calvar, S.L. de nova concesión administrativa de ocupación de terreos de dominio público portuario de Santo Adrán de Cobres con destino á instalación dunha nave prefabricada para a venta de efectos navais (expediente 13-38-12-C1).

Ana María Calvar Rosendo solicita en nome e representación da empresa Mariscos Vidal Calvar, S.L., a concesión administrativa de ocupación dunha parcela de terreos de dominio público portuario do porto de Santo Adrán de Cobres (Vilaboa) para a instalación dunha nave prefabricada con destino á venda de efectos navais, segundo o proxecto básico redactado en abril de 2012 polo enxeñeiro técnico agrícola José Manuel García Barros.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 110 da Lei 48/2003, do 26 de novembro, de réxime económico e de prestación de servizos dos portos de interese xeral (BOE número 284, do 27 novembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Benito Corbal, 37-3º, 36001 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 18 de xuño de 2012

Mateo Ruibal Fernández
Enxeñeiro xefe da Zona Sur de Portos de Galicia