De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a resolución do recurso de alzada V-2011/0163, devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación, esta non se puido efectuar.
Segundo establece o artigo 61 da citada lei, o interesado dispón dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, para examinar a resolución na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situada no Complexo Administrativo de San Caetano, bloque 5, 15781 Santiago de Compostela, A Coruña.
Fáiselle saber que contra a devandita resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, de conformidade cos artigos 8 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, consonte o disposto no artigo 46.1 da citada norma.
Reclamante: María Verónica Álvarez Casal; expediente: V-2011/0163; tipo de resolución: desestimatoria.
E para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, asino e selo esta cédula.
Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2012
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas