Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 24 de xullo de 2012 Páx. 29706

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se anuncia a contratación da xestión do servizo público na modalidade de concesión denominado Xestión e dirección da Escola Infantil 0-3 San Paio da Xunta de Galicia en Vigo, mediante procedemento aberto e tramitación urxente.

A Consellería de Traballo e Benestar, unha vez cumpridos os trámites correspondentes, resolve anunciar a contratación que seguidamente se cita:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral de Política Social.

c) Número de expediente: PA 66/2012.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: contratación da xestión do servizo público na modalidade de concesión denominado Xestión e dirección da Escola Infantil 0-3 San Paio da Xunta de Galicia en Vigo por procedemento aberto e tramitación urxente.

b) Lugar de execución: Vigo.

c) Prazo de execución: desde o 1 de setembro de 2012 ata o 31 de agosto de 2013.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: ascende a cincocentos corenta mil euros (540.000 €) exento de IVE.

5. Garantía provisoria: non.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Subdirección Xeral de Recursos Económicos.

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 56 50 – 981 54 46 50.

e) Fax: 981 54 56 63.

f) Data límite da obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica, financeira e solvencia técnica ou profesional: ver cláusula 13, documentación administrativa sobre A, prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: oito días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Oficina do Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia do complexo administrativo de San Caetano, s/n.

2. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral de Política Social.

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora de apertura: publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de anuncios: 10,82 € por liña publicada no DOG.

11. Portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poidan obterse os pregos:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17791

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2012

P.D. (Orde 19.8.2009)
Cristina Ortiz Dorda
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar