Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 24 de xullo de 2012 Páx. 29718

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2012, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria da Consellería do Medio Rural e do Mar, sobre as constitucións e modificacións das Sociedades Agrarias de Transformación (SAT) que se citan.

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, e para xeral coñecemento, acórdase publicar a relación das sociedades agrarias de transformación constituidas e modificadas conforme o Real decreto 1.776/1981, do 3 de agosto, e á orde da Consellería do Medio Rural e do Mar, do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SAT de Galicia, que se citan:

A) Constitucións:

a) A Sociedade Agraria de Transformación Ganaderia Nogueira, SAT nº 1412 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo social no lugar de Agrís nº 9, Campolongo-Negreira (A Coruña); obxecto social: explotación agrícola e gandeira, incluíndo a produción de leite e carne con medios propios ou alleos; prestación de servizos técnicos, agrícolas, gandeiros e forestais, inclusive actividades forestais e comercialización de produtos agrícolas; capital social: 100.000,00 €; nº de socios: 4. A súa Xunta Reitora está composta por: María Rey Pereiro, presidenta; Estiven París Bermúdez, secretario; Balduino Cives Campos e Crisanto González Bermúdez, como vogais.

b) A Sociedade Agraria de Transformación Bernaldo, SAT nº 1413 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo social en Campo de Arriba nº 8, Tordoia (A Coruña); obxecto social: explotación gando vacún de leite; capital social: 153.600,00 €; nº de socios: 4. A súa Xunta Reitora está composta por: Jesús Maximino Costa Rios, presidente; José Luis Bocija Vicente, secretario; María del Carmen Castro Prego e Elvira Isabel Costa Bello, como vogais.

c) A Sociedade Agraria de Transformación Ouro do Val, SAT nº 1414 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo social en Polígono Industrial de Quiroga-Quiroga (Lugo); obxecto social: produción, transformación e comercialización de aceites, mel, viños, castañas e derivados; apicultura e derivados; silvicultura; gandería estensiva e intensiva; horticultura; fruticultura; capital social: 3.000,00 €; nº de socios: 5. A súa Xunta Reitora está composta por: Roberto Álvarez Pérez, presidente; José Manuel López Maseda, secretario; Jesús Bao Mondelo, Tania Bao Mondelo, e María Lourdes Macía Lombardía, como vogais.

d) A Sociedade Agraria de Transformación Castrodanta, SAT nº 1415 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo social en rúa Pacibello nº 5, A Rúa (Ourense); obxecto social: produción, transformación, elaboración, distribución e comercialización de produtos agrícolas, gandeiros e forestais, así como a prestación de servizos comúns para tal fin, e comercialización dos ditos produtos; capital social: 10.000,00 €; nº de socios: 4. A súa Xunta Reitora está composta por: Manuel Prieto Morais, presidente; Beatriz Carballo Rodríguez, secretaria; Sonia Prieto Morais e Ignacio Román Alonso, como vogais.

Modificacións:

a) A Sociedade Agraria de Transformación Aspoflor, SAT nº 791 XUGA, na asemblea xeral do 7 de maio de 2012, que ratifica a do 10 de maio de 2011, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa voluntaria de José Pena Calveiro, procedendo a practicar a liquidación da súa participación na sociedade, que corresponderá coa devolución total da achega ao capital social por importe de 2.600,00 €, representado por 40 títulos de 65,00 € cada un deles, que se reintegrará na súa totalidade nun prazo de dous anos desde a data efectiva da baixa.

2. Aprobar a baixa de José Luis Mosteiro Calveiro, que transmite os 40 títulos que ten á nova socia e esposa, Mª del Carmen Lugo Bascuas, quedando o capital social distribuído entre os socios da seguinte forma:

Manuel Alonso González 40 títulos 2.600,00 € de capital social

Mª del Carmen Lugo Bascuas 40 títulos 2.600,00 € de capital social

Rodolfo Matos Martínez 40 títulos 2.600,00 € de capital socia

Francisca Orosa García 40 títulos 2.600,00 € de capital social

Mª Jesús Quintela Botana 40 títulos 2.600,00 € de capital social

Susana Rodríguez González 40 títulos 2.600,00 € de capital social

Carmen Tato Rosende 40 títulos 2.600,00 € de capital social

Mª del Carmen Vinseiro Terceiro 40 títulos 2.600,00 € de capital social

3. Modificación do artigo 2 dos estatutos, que queda redactado da forma seguinte: o capital social cífrase en 20.800,00 € e estará representado por 320 títulos nominativos de 65,00 €, cada un deles.

4. Modificar o artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que sexan oito os socios que constitúan a Xunta Reitora.

5. Aprobar a elección da nova Xunta Reitora que pasa a estar composta por: Susana Rodríguez González, presidenta; Francisca Orosa García, secretaria; Mª del Carmen Lugo Bascuas, tesoreira; Manuel Alonso González, Mª Jesús Quintela Botana, Mª del Carmen Vinseiro Terceiro, Carmen Tato Rosende e Rodolfo Matos Martínez, como vogais.

b) A Sociedade Agraria de Transformación San Vicente de Niveiro, SAT nº 1141 XUGA, na asemblea xeral do 23 de abril de 2012, toma o seguinte acordo:

Aprobar a elección da nova Xunta Reitora que pasa a estar composta por: Jesús Casas Lamas, presidente; José Manuel Abelenda Gándara, secretario; e Javier Fraga Landeira, como vogal.

c) A Sociedade Agraria de Transformación Otero Novo, SAT nº 1170 XUGA, na asemblea xeral do 31 de marzo de 2012, e mediante escritura notarial do 4 de abril de 2012, eleva a públicos os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa de Mónica Otero Novo, que transmite os títulos que ten entre o resto de socios, quedando o mesmo capital social de 340.920,00 €, representado por 64.092 títulos de 10,00 €, cada un deles e distribuído entre os socios da seguinte forma:

José Luis Otero Cuesta 11.364 títulos 113.640,00 € de capital social

Josefa Novo Barreña 11.364 títulos 113.640,00 € de capital social

José Luis Otero Novo 11.364 títulos 113.640,00€ de capital social

2. Aprobar a modificación da nova Xunta Reitora que pasa a estar composta por José Luis Otero Cuesta, presidente; José Luis Otero Novo, secretario; e Josefa Novo Barrela, como vogal.

d) A Sociedade Agraria de Transformación O Miradoiro, SAT nº 945 XUGA, na asemblea xeral do 29 de marzo de 2012, que ratifica a do 6 de xaneiro de 2012, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a alta da pretendida socia Mª del Carmen González González.

1. Aprobar a baixa de Manuel Fernández González, que transmite os 185 títulos que ten á nova socia Mª del Carmen González González, quedando o mesmo capital social de 66.712,35 €, representado por 555 títulos de 120,21 €, cada un deles e distribuído entre os socios da seguinte forma:

Jesús Acal Valiño 185 títulos 22.238,45 € de capital social

Mª del Carmen González González 185 títulos 22.238,45 € de capital social

José Manuel Riveiro Gómez 185 títulos 22.238,45 € de capital social

2. Aprobar a modificación da Xunta Reitora que pasa a estar composta por: José Manuel Riveiro Gómez, presidente; Mª del Carmen González González, secretaria; e Jesús Acal Valiño, como vogal.

e) A Sociedade Agraria de Transformación A Vereda, SAT nº 1378 XUGA, na asemblea xeral do 5 de marzo de 2012, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a ampliación do capital por un importe de 103.970,00 €, realizada polos socios Manuel Sandamil Cabana e Esther Cabana Pérez, de forma que o capital pasa a ser de 416.680,00 €, distribuído entre os socios da seguinte maneira:

Manuel Iglesia Iglesia 52.085 títulos 52.085,00 € de capital social

Josefa Muinelo Murado 52.085 títulos 52.085,00 € de capital social

José Antonio Iglesia Iglesia 52.085 títulos 52.085,00 € de capital social

María Anllo Eiras 52.085 títulos 52.085,00 € de capital social

Jesus Vicente Villamel Lodos 52.085 títulos 52.085,00 € de capital social

María Irene Villapol Rodríguez 52.085 títulos 52.085,00 € de capital social

Manuel Sandamil Cabana 52.085 títulos 52.085,00 € de capital social

Esther Cabana Pérez 52.085 títulos 52.085,00 € de capital social

2. Modificar o artigo 2 do estatuto, que queda redactado como segue: o capital social cífrase en 416.680,00 € e estará representado por 416.680 títulos nominativos de 1,00 €, cada un deles.

f) A Sociedade Agraria de Transformación Alecrin, SAT nº 1187 XUGA, na asemblea xeral do 4 de marzo de 2012, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a elección da nova Xunta Reitora, que pasa a estar composta por: José Ramón García García, presidente; Julio Nieto Andrade, secretario; e Javier Puñal Soneira, como vogal.

g) A Sociedade Agraria de Transformación, Busto-Corzón, SAT nº 1327 XUGA, na asemblea do 25 de abril de 2012, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a ampliación do capital social en 60.000,00 €, representado por 60 títulos, pasando a sociedade a ter un capital social total de 870.000,00 €, que se distribúe entre os socios da seguinte forma:

José Manuel Antelo Moledo 145 títulos 145.000,00 € de capital social

Maria Ana Capelo Alvite 98 títulos 98.000,00 € de capital social

Maria Digna Esperante Romero 149 títulos 149.000,00 € de capital social

José Manuel Fernández Villar 192 títulos 192.000,00 € de capital social

José Antonio Moledo Esperante 141 títulos 141.000,00 € de capital social

Marta Muiño Guillin 145 títulos 145.000,00 e de capital social

2. Modificar o artigo 2 do estatuto, que queda redactado como segue: o capital social cífrase en 870.000,00 € e estará representado por 870 títulos nominativos de 1.000,00 € cada un deles.

h) A Sociedade Agraria de Transformación, Cerdeda, SAT nº 1332 XUGA, na asemblea do 14 de maio de 2012, toma o seguinte acordo:

1. Renovar a súa Xunta Reitora que pasa a estar composta por: Manuel Ratón Moreiras, presidente; Luis Ouro Vázquez, secretario; Angel Ouro Vázquez e Sonia Conde Montenegro, como vogais.

j) A Sociedade Agraria de Transformación, Ganadería Failde, SAT nº 973 XUGA, na asemblea do 30 de maio de 2012, toma os seguintes acordos:

1. Renovar a súa Xunta Reitora que pasa a estar composta por: Manuel Fernández Failde, presidente; José Luis Fernández Failde, secretario e Mª Celia Failde Alvarellos, como vogal.

2. Modificar o artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que os cargos da Xunta Reitora pasan a ser reelixidos por un período de seis anos.

j) A Sociedade Agraria de Transformación Carballos Altos, SAT nº 951 XUGA, na asemblea xeral do 10 de maio de 2012, que ratifica a do 17 de marzo de 2012, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa voluntaria do socio Jesús Orois Lage, que transmite os 8 títulos que ten, entre os socios Luis Ángel Orois Lage, José María Orois Lage e Carmen Lage Mourazos. Esta transmisión de títulos non supón variación ningunha no capital social da sociedade.

2. Aprobar a ampliación do capital que realiza o socio Luis Ángel Orois Lage por importe de 3.005,06 €, que se corresponde co valor dun título nominativo.

Como consecuencia da ampliación do capital e transmisión de títulos dos puntos anteriores, o capital social queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

Carmen Lage Mourazos 11 títulos 33.055,66 € de capital social

José María Orois Lage 11 títulos 33.055,66 € de capital social

Luis Ángel Orois Lage 11 títulos 33.055,66 € de capital social

4. Modificar o artigo 2 do estatuto, que queda redactado como segue: o capital social cífrase en 99.166,98 € e estará representado por 33 títulos nominativos de 3.005,06 €, cada un deles.

5. Renovar a súa Xunta Reitora que pasa a estar composta por: Luis Ángel Orois Lage, presidente; José María Orois Lage, secretario; e Carmen Lage Mourazos, como vogal.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2012

José Álvarez Robledo
Director xeral de Produción Agropecuaria