Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 24 de xullo de 2012 Páx. 29649

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1072/2011).

Número de autos: despedimento/cesamentos en xeral 1072/2011 F.

Demandante: Antonio Pepín Casas.

Demandados: Aislamientos Pemos, S.L., Fogasa.

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1072/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonio Pepín Casas contra a empresa Aislamientos Pemos, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Auto 336/2012.

Xuíza/maxistrada xuíza: Lara María Munín Sánchez.

A Coruña, 4 de xullo de 2012.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Que neste tribunal se tramita demanda 262/2008, por instancia de José Villar Cundins, Alfonso Ares Mejuto, Manuel Guerra Soler, Miguel Méndez Silvosa, Daniel Leira Campo, Pablo Gómez Babío, José Antonio Vázquez Vázquez, Óscar Touriño Sanmartín, Juan J. Meizoso Félix, Ricardo Souto Silva, fronte a Cess, Prosegur Compañía de Seguridad da Coruña, sobre cantidade.

Segundo. No dito proceso sinalouse para o día de hoxe a realización da audiencia previa ao xuízo, e á vista do obxecto da controversia, as partes chegaron ao acordo que se pasa a transcribir:

A súa señoría intenta a conciliación, advertindo ás partes dos dereitos e obrigas que puidesen corresponderlles, sendo o seguinte acordo:

A empresa ofrece o pagamento das seguintes cantidades brutas polos conceptos reclamados na demanda, cantidades que de seren aceptadas polos traballadores se ingresarán na súa conta bancaria onde habitualmente se aboaban as nóminas antes do transcurso de 30 días.

José Villar Cundins: 492,76 euros.

Ricardo Souto Silva: 79,55 euros.

Juan Meizoso Félix: 672,97 euros.

Os traballadores aceptan as cantidades propostas pola empresa, e forma de pagamento e coa efectiva percepción destas, nada se lles deberá polo concepto reclamado na demanda.

O resto dos traballadores demandantes desisten recoñecendo que nada se lles debe polos conceptos reclamados neste procedemento.

Sen ter nada máis que engadir dáse por rematada esta acta que asina a súa señoría e as partes que compareceron, de todo o cal eu, secretaria, dou fe.

Terceiro. Que as partes solicitaron que transcrito o acordo fose homologado xudicialmente.

Fundamentos de dereito.

Único. Dispón o punto número 2 do artigo 428 da LEC que á vista do obxecto da controversia as partes poderán chegar a un acordo que poña fin ao litixio, observándose o disposto no artigo 415 da LAC; establece o número 1 do artigo 415 da LAC, entre outras cousas, que as partes poderán chegar a un acordo e solicitar do tribunal que se homologue o acordado; pola súa banda, o número 2 do citado precepto establece que o acordo homologado xudicialmente producirá os efectos atribuídos pola lei á transacción xudicial e poderá levarse a efecto polos trámites previstos para a execución de sentenzas e convenios xudicialmente aprobados, o dito acordó poderá impugnarse polas causas e na forma que se prevé para a transacción xudicial. Examinado o acordo adoptado polas partes neste proceso, homológase xudicialmente, e procédese ao sobresemento do presente proceso.

Parte dispositiva.

Homológase xudicialmente o acordo adoptado polas partes no presente proceso de demanda 262/2008, seguido por instancia de José Villar Cundins, Ricardo Souto Silva e Juan Meizoso Félix, contra Cess, Prosegur Compañía de Seguridad da Coruña, sobre cumprimento de contrato, e transcrito na relación fáctica da presente resolución, o cal se dá por reproducido nesta parte dispositiva, que producirá os mesmos efectos atribuídos pola lei á transacción xudicial e poderá levarse a efecto polos trámites previstos para a execución de sentenza e convenios xudicialmente aprobados. O dito acordo poderá impugnarse polas causas e na forma que se prevén para a transacción xudicial. Acórdase o sobresemento do presente proceso e ordénase o arquivo das actuacións.

Expídase certificación literal desta resolución, que quedará unida ao procedemento, e lévese o seu orixinal ao libro da súa razón.

Contra este auto cabe interpor recurso de apelación, ante este tribunal, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así o manda e asina a súa señoría, do cal dou fe.

A maxistrada xuíza A secretaria xudicial»

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en forma á empresa Aislamientos Pemos, S.L., expídese o presente edicto na Coruña, 4 de xullo de 2012.

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial