Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 26 de xullo de 2012 Páx. 29938

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 18 de xuño de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, polo que se procede a dar publicidade da resolución da mesma data pola que se convocan, para vinculación temporal, por concurso de méritos, prazas de diversas especialidades de persoal licenciado sanitario.

A Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio (DOG nº 109, do 5 de xuño), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e a Orde do 15 de xuño de 2009 (DOG nº 119, do 15 de xuño), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, modificada pola Orde do 28 de setembro de 2011, resolve anunciar a convocatoria para a vinculación temporal, por concurso de méritos, de diversas prazas de licenciado sanitario reflectidas no anexo.

As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (CHUAC), así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación do anuncio da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 31 de agosto de 2012. As solicitudes, que deberán dirixirse á Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, poderán presentarse no rexistro do CHUAC, así como a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 18 de xuño de 2012

Alfredo García Iglesias
Xerente de Xestión Integrada da Coruña

ANEXO

Prazas vacantes convocadas

Especialidade

Nº de vinculación

Tipo de vinculación

Anatomía patolóxica

2

Vacante

Anestesioloxía e reanimación

2

Vacante

Anxioloxía e cirurxía vascular

1

Vacante

Aparello dixestivo

1

Vacante

Cardioloxía

1

Vacante

Cirurxía torácica

1

Vacante

Farmacia hospitalaria

1

Vacante

Hematoloxía e hemoterapia

1

Vacante

Medicina intensiva

1

Vacante

Microbioloxía

1

Vacante

Neurofisioloxía clínica

1

Vacante

Pediatría e áreas específicas

1

Vacante

Radiodiagnóstico

2

Vacante

Reumatoloxía

1

Vacante