Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 30 de xullo de 2012 Páx. 30227

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2012, da Secretaría Xeral para o Turismo, pola que se notifica a Mª Carmen Rodríguez García, representante da sociedade Casa Arce, S.L. a denegación da clasificación turística e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da cafetería denominada Casa Arce, sita en Cruz de San Pedro, 2, baixo, en Santiago de Compostela.

Vista a declaración responsable de inicio de actividade e solicitude de clasificación para o establecemento arriba sinalado, apreciáronse os seguintes

Feitos.

Primeiro. Con data do 29 de setembro de 2011, Mª Carmen Rodríguez García presentou declaración responsable de inicio de actividade e solicitude de clasificación para o establecemento descrito anteriormente.

Segundo. Con base nesa declaración, o Servizo de Turismo da Coruña procedeu a inscribir no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia o citado establecemento, asignándolle o código identificativo C-CO-1137.

Terceiro. A Inspección de Turismo da Coruña, levou a cabo as comprobacións e inspeccións necesarias relativas ao cumprimento dos datos declarados para os efectos de proceder, se for o caso, á clasificación do establecemento.

Cuarto. Segundo constata a inspección, foi requirida para que presentase a seguinte documentación:

a) Título ou contrato que acredite a dispoñibilidade do establecemento.

b) Licenza da actividade ou, se for o caso, a súa solicitude.

c) Certificado das condicións hixiénico-sanitarias (senón tiver, licenza da actividade).

d) Póliza do seguro de responsabilidade civil.

Quinto. O Servizo de Turismo da Coruña, de conformidade co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, deu audiencia á interesada para que alegase e presentase os documentos requiridos e xustificacións que estimara pertinentes.

Sexto. O interesado non efectuou alegacións ningunhas.

Sétimo. O Servizo de Turismo da Coruña, á vista do informe da Inspección, emitiu informe desfavorable para os efectos da súa clasificación turística e elevou o expediente a esta Secretaría Xeral para o Turismo para a súa resolución.

Á vista do que antecede, e tendo en consideración a Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, o disposto no Decreto 108/2006, do 15 de xuño, polo que se establece a ordenación turística dos restaurantes e das cafetarías da Comunidade Autónoma de Galicia, e a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nas demais normas de xeral e pertinente aplicación e nos seguintes,

Fundamentos de dereito.

Primeiro. Tendo en conta que o establecemento non subsanou as deficiencias observadas.

Esta Secretaría Xeral para o Turismo

RESOLVE:

Denegar a clasificación turística solicitada e cancelar a inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turística da Comunidade Autónoma de Galicia, causando baixa para todos os efectos, ao establecemento denominado Casa Arce, sito na Cruz de San Pedro, 2, baixo, no concello de Santiago de Compostela (A Coruña).

A non concesión da clasificación imposibilita, desde esta data, para continuar co exercicio da actividade, sen prexuízo das responsabilidades penais, civís e/ou administrativas a que houber lugar.

O que se lle notifica participándolle que contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Secretaría Xeral para o Turismo no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2012

Mª Carmen Pardo López
Secretaria xeral para o Turismo