Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 30 de xullo de 2012 Páx. 30245

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 4 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia en materia de residuos (expediente OU-18/2012 RE e dous máis).

De conformidade co disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, ao non ser posible a súa notificación a través do servizo de Correos.

O acto foi acordado pola instrutora.

A comparecencia efectuarase no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, na sede da Sección Xurídica desta consellería, sita na rúa do Paseo, nº 18, 4º andar, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Ourense, 4 de xullo de 2012

P.S. (Orde do 24 de setembro de 2009)
José Enrique Rivera Sáez
Xefe do Servizo de Mobilidade

ANEXO

Expediente: OU-18/2012 RE.

Denunciado: Adrián Graciun.

Acto notificado: proposta de resolución.

Expediente: OU-26/2012 RE.

Denunciada: Sonia Millara Bildhoff.

Acto notificado: proposta de resolución.

Expediente: OU-29/2012 RE.

Denunciado: Ramón Gabarres Montoya.

Acto notificado: proposta de resolución.