Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 30 de xullo de 2012 Páx. 30276

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

EDICTO do 3 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican diversas resolucións xestionadas nesta xefatura territorial.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día coas resolucións ditadas nos procedementos instados polos interesados, publícase mediante este edicto, de conformidade co disposto no artigo 61 da mencionada lei, o contido das resolucións. Contra elas poderá interpoñerse recurso de alzada, perante a conselleira de Traballo e Benestar, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da data desta publicación, conforme o disposto no artigo 114 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. No mesmo prazo sinalado anteriormente, e de acordo co referido no artigo 61 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderán comparecer, persoalmente ou debidamente representados, na Xefatura Territorial de Traballo e Benestar de Lugo (rolda da Muralla, 70), para coñeceren o texto íntegro da resolución e do resto do expediente.

Lugo, 3 de xullo de 2012

P.A. (Artigo 40.2.1 Decreto 109/2012, do 22 de marzo)
Vicente Correa Díaz
Xefe do Servizo de Coordinación Administrativa

ANEXO

Apelidos e nome

DNI/NIE

Nº de expediente

Resolución

Concello

Asensio Martín, María Sonsoles

70809786P

27007000212

Denegación

Begonte

Domínguez Iglesias, Ismael Cándido

05210051E

27019000112

Denegación

Foz

Estrada Aguilar, Elsa

X5116610F

27066000412

Denegación

Viveiro

Fadrique Pena, Virginia

45728528C

27028031911

Denegación

Lugo

Fernández Ramírez, José Francisco

71687712R

27019000412

Denegación

Foz

Jiménez Cortiñas, Celia

33546822B

27019001311

Arquivo

Foz

López López, Manuel

33834381R

270100001/12

Denegación

Castro de Rei

Semedo Pinto, Jorge

X4257959S

27902002011

Denegación

Burela

Valera Olaya, María del Carmen

49015124P

27031001012

Concesión

Monforte de Lemos