Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 30 de xullo de 2012 Páx. 30268

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2012 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizos de organización e desenvolvemento da xestión técnico-organizativa do almacén que en réxime de alugueiro ten a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no Polígono do Tambre, en Santiago de Compostela.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público (Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro) faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG número 67, do 9 de abril de 2012.

1.2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: organización e desenvolvemento da xestión técnico-organizativa do almacén que en réxime de alugueiro ten a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no Polígono do Tambre, en Santiago de Compostela.

1.3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

1.4. Orzamento base de licitación: 88.430,34 €, IVE excluído.

1.5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 27 de xuño de 2012.

b) Data de formalización do contrato: 29 de xuño de 2012.

c) Contratista: Eulen, S.A.

d) Importe de adxudicación: 60.000,00 €, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2012

P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria