Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 30 de xullo de 2012 Páx. 30314

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO sobre a aprobación inicial do Plan especial de protección, infraestruturas e dotacións para a mellora da mobilidade na zona da Mariña e o Parrote (631/43/2012).

A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o 6 de xullo de 2012, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar inicialmente o Plan especial de protección, infraestruturas e dotacións para a mellora da mobilidade na zona da Mariña e o Parrote. Xuño 2012, redactado polos técnicos municipais.

Segundo. Someter o documento do plan especial ao trámite de información pública polo prazo dun mes mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nos xornais de maior circulación na provincia.

Terceiro. Ordenar a dilixencia dos documentos.

Cuarto. Notificarlles o presente acordo aos titulares catastrais, Autoridade Portuaria da Coruña, aos departamentos municipais de Xestión do Solo, Licenzas e Disciplina Urbanística, Sección de Patrimonio Urbanístico e Oficina do XIS de Planeamento, e á Área de Infraestruturas.

Quinto. Solicitar os informes sectoriais necesarios para a tramitación do expediente.

O plan especial sométese ao trámite de información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, período durante o cal calquera interesado poderá consultalo e presentar as alegacións que considere oportunas. A consulta pódese efectuar no Departamento de Planeamento da Área Municipal de Urbanismo (praza de Indalecio Prieto 1-3), en horario laboral de luns a venres, así como na páxina web do Concello.

A Coruña, 12 de xullo de 2012

César de Jesús Otero Grille
Director de Urbanismo