Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 30 de xullo de 2012 Páx. 30312

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Chantada

ANUNCIO de información pública sobre explotación de gando vacún.

Ganadería Poutón, S.C. solicitou licenza para explotación de vacún de leite, no lugar de Amorín, parroquia de Argozón, neste municipio, ao abeiro do establecido no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese o expediente incoado a información pública polo período de vinte días no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no taboleiro de anuncios deste concello, sito na praza de España nº 1 de Chantada (Lugo), período que comezará a contar a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para os efectos do seu exame e, se é o caso, efectuar as correspondentes reclamacións.

Chantada, 18 de xullo de 2012

Manuel Lorenzo Varela Rodríguez
Alcalde