Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 31 de xullo de 2012 Páx. 30371

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 12 de xullo de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de renovación da autorización ambiental integrada solicitada por Cementos Cosmos, S.A. para as instalacións de produción de cemento localizadas no concello de Sarria (Lugo) (número de autorización 2005/0057_NAA/IPPC_091. Clave do expediente de renovación 2012-IPPC-M-85).

Con data do 8.4.2008 outorgouse a Cementos Cosmos, S.A. a autorización ambiental integrada nº 2005/0057_NAA/IPPC_091 para as instalacións de produción de cemento localizadas no concello de Sarria (Lugo) da que é titular. Nesta autorización estableceuse unha vixencia de cinco anos contados a partir do día seguinte ao da súa notificación ao titular, que se efectuou o 16.4.2008.

O artigo 25 da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, estipula que, transcorrido o prazo de vixencia da autorización, esta debe ser renovada e, de ser o caso, actualizada. Atendendo ao indicado, e para os efectos previsto no artigo 7.2 do Real decreto 509/2007, do 20 de abril, polo que se aproba o regulamento para o desenvolvemento e execución da Lei 16/2002, faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a documentación presentada pola solicitante para a renovación da autorización ambiental integrada, constituída polos documentos titulados:

• «Resumo non técnico do proxecto de renovación da autorización ambiental integrada das instalacións de Cementos Cosmos, S.A. situadas en Oural. Concello de Sarria (Lugo). Xuño de 2012».

• «Renovación da autorización ambiental integrada das instalacións da fábrica de Cementos Cosmos en Oural (Lugo). Xuño de 2012».

• «Renovación da autorización ambiental integrada das instalacións da fábrica de Cementos Cosmos en Oural (Lugo). Xuño de 2012. Anexo III. Parte 1. Informes ambientais».

• «Renovación da autorización ambiental integrada das instalacións da fábrica de Cementos Cosmos en Oural (Lugo). Xuño de 2012. Anexo III. Parte 2. Informes ambientais».

Co fin de que calquera interesado poida consultala e, de ser o caso, formular no devandito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes. O citado documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

• Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (San Lázaro, s/n,15781 Santiago de Compostela).

• Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo).

• Concello de Sarria (r/ Maior, 14, 27600 Sarria).

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2012

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental