Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 31 de xullo de 2012 Páx. 30392

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen no concello de Vigo (expediente IN407A 2012/157-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: recuamento LMT, CT Tanagasa.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: LMT aérea a 15 kV con condutor tipo LA-30 de 38 metros de lonxitude, con orixe no apoio D21X da LMT BAL708 e final no apoio proxectado HVH 1600/15 (paso aero-subterráneo) do cal continúa subterránea con condutor tipo RHZ 58 metros, finalizando no CT proxectado Tanagasa. Centro de transformación de 250 kVA, R.T. 15 kV/400-230 V, situado en Camiño Muíños nº 25, Comesaña, Vigo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avda. Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 17 de xullo de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra