Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 31 de xullo de 2012 Páx. 30405

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 29 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de inicio do procedemento declarativo de reintegro de axudas a iniciativas de emprego ILES/IER, reguladas na Orde do 27 de febreiro de 2007 (Diario Oficial de Galicia do 7 de marzo).

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido do acordo que figura como anexo, para que poida ter coñecemento deste.

De conformidade co previsto no artigo 77.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro (DOG do 29 de xaneiro) polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, concédeselle ao interesado un prazo de 15 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, no Diario Oficial de Galicia, para que poida realizar as alegacións e presentar a documentación que considere pertinente.

Lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na avda. da Habana, 79-6ª planta en Ourense, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 29 de xuño de 2012

(Decreto 245/2009, do 30 de abril)
José Selas Souto
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente: TR340B 2007/79-3.

Nome ou razón social: Furafollas, S.L.

DNI/NIF/CIF: B32363384.

Último enderezo coñecido: rúa Arqueta, 2 BX 2, 32660 Allariz, Ourense.

Feito imputado: non manter no cadro de persoal fixo da empresa os traballadores contratados ao abeiro do programa durante un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo 19.2.a) da Orde do 27 de febreiro de 2007.

Contido: acordo de inicio do procedemento declarativo de reintegro.