Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 31 de xullo de 2012 Páx. 30416

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 10 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificacións de acordos de inicio do procedemento de reintegro de varias axudas para o fomento da contratación indefinida inicial de mozos e mozas desempregados, reguladas na Orde do 29 de maio de 2007 (Diario Oficial de Galicia núm. 108, do 6 de xuño de 2007) relativa aos expedientes TR347D 2007/342-1 e seis máis.

Intentada a notificación das ditas resolucións segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento delas.

Así mesmo, fáiselles saber o dereito que os asiste para que poidan realizar as alegacións e presentar documentación que considere oportuna, no prazo de quince días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación.

Á vista das alegacións e da documentación achegada, ou transcorrido o prazo concedido para o efecto, ditarase a resolución que lle corresponda respecto ao reintegro da subvención concedida.

Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rúa Salvador de Madariaga, nº 9-1º, na Coruña, e a obter, se é o caso, copia da resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 10 de xullo de 2012

Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: TR347D 2007/342-1.

Nome ou razón social: María Pilar Ugarte Rey.

DNI/NIF: 32796416A.

Último enderezo coñecido: r/ Juan Flórez, 58 soto, local 4-5, 15004 A Coruña.

Data da resolución: 21.5.2012.

Contido da resolución: iniciar o expediente declarativo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR347D 2007/345-1.

Nome ou razón social: Spey Café, S.C.

DNI/NIF: J15818586.

Último enderezo coñecido: r/ Ingeniero Comerma, 42-45 entlo., 15404 Ferrol (A Coruña).

Data da resolución: 24.5.2012.

Contido da resolución: iniciar o expediente declarativo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR347D 2007/366-1.

Nome ou razón social: Universo Digital Software, S.L.

DNI/NIF: B15922305.

Último enderezo coñecido: r/ Ramon Cabanillas, 15 baixo, O Temple, 15679 Cambre (A Coruña).

Data da resolución: 23.5.2012.

Contido da resolución: iniciar o expediente declarativo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR347D 2007/407-1.

Nome ou razón social: Restaurante O Larpeiro, S.L.

DNI/NIF: B70029327.

Último enderezo coñecido: A Cabana, Anceis, 10, 15181 Cambre (A Coruña).

Data da resolución: 21.5.2012.

Contido da resolución: iniciar o expediente declarativo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR347D 2007/414-1.

Nome ou razón social: Íñigo Ribas Sangüesa.

DNI/NIF: 2542512T.

Último enderezo coñecido: r/ San Francisco, 4, 15001 A Coruña.

Data da resolución: 21.5.2012.

Contido da resolución: iniciar o expediente declarativo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR347D 2007/451-1.

Nome ou razón social: Santiago Nieto Fuentes.

DNI/NIF: 44810115C.

Último enderezo coñecido: urb. Braña dos Alferes, 3, 15886 Teo (A Coruña).

Data da resolución: 22.5.2012.

Contido da resolución: iniciar o expediente declarativo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR347D 2007/504-1.

Nome ou razón social: Local Force, S.L.

DNI/NIF: B70061155.

Último enderezo coñecido: urb. As Mimosas, 68, 15895 Ames (A Coruña).

Data da resolución: 16.5.2012.

Contido da resolución: iniciar o expediente declarativo da procedencia de reintegro.