De conformidade co establecido no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4 do mesmo decreto, esta consellería,
DISPÓN:
Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se relaciona no anexo I desta orde.
Segundo. Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as de carreira que reúnan os requisitos que se exixen para o desempeño dos postos e que se especifican no anexo I.
Terceiro. As solicitudes para participar na convocatoria presentaranse no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, sito no Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, nas súas xefaturas territoriais ou nas oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince (15) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe como anexo II.
Cuarto. Os/as aspirantes deberán xuntarlle á súa solicitude un currículum vitae e xustificar, mediante certificación ou copia compulsada, os méritos que aleguen.
Quinto. No caso de resultar seleccionado/a para ocupar un posto de traballo anunciado no anexo I desta orde un/ha funcionario/a con destino definitivo noutra Administración pública, o seu nomeamento requirira o informe favorable do departamento onde preste servizos, considerándose favorable de non emitirse no prazo de quince días, segundo o preceptuado no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e demais disposicións concordantes. Unha vez tramitado o seu traslado a esta comunidade autónoma, procederase a adxudicarlle o posto para o cal foi seleccionado/a. Se no prazo de dous meses a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia, o/a funcionario/a seleccionado/a non se pode incorporar á comunidade autónoma, considerarase deserto o posto e poderase proceder de novo á súa provisión.
Sexto. A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderá declararse deserto o posto de traballo de considerarse oportuno.
Sétimo. O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se o destino anterior está na mesma localidade do novo destino, e dun mes se está en localidade distinta ou comporta reingreso ao servizo activo. O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da resolución, agás no caso de procedencia doutras administracións, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao da comunicación da resolución de traslado á comunidade autónoma, co límite dos dous meses a que se fai referencia no punto quinto desta orde. Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.
Oitavo. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, perante a conselleira do Medio Rural e do Mar, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou poderán impugnala directamente, á elección do/a demandante, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2012
Rosa Mª Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar
ANEXO I
Denominación: Xefatura Servizo de Protección de Recursos.
Código: PE.C01.00.001.15770.015.
Nivel: 28.
Complemento específico: 24336,20 €.
Grupo: A1, A2.
Corpo/escala: xeral/especial.
Adscr. Admón. P.: A11.
Formación específica: 640/954.
Observacións RPT: horario especial.
Centro destino: Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia.
Localidade: Santiago de Compostela.
– Descrición códigos da adscrición a administracións públicas:
A11: adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.
– Descrición códigos da formación específica:
640: para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (RI).
954: permiso conducir B (requisito indispensable).