Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 31 de xullo de 2012 Páx. 30473

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de poxa pública para alleamento por Urbaourense, S.A. das parcelas 1A, 3A, 4B e 10, propiedade de Urbaourense, do solo urbano non consolidado da AR-39-E, en Mariñamansa, Ourense, con destino a vivendas libres e protexidas máis usos terciarios.

No perfil do contratante (www.urbaourense.es), publícase íntegro o prego de prescricións técnico-administrativas sobre «Poxa pública para alleamento por Urbaourense, S.A., das parcelas 1A, 3A, 4B e 10, propiedade de Urbaourense, S.A., de solo non consolidado da AR-39-E, en Mariñamansa, Ourense, con destino a vivendas libres e protexidas, máis usos terciarios».

O prazo de presentación das proposicións será de 60 días naturais contados a partir da data da última publicación do anuncio no Boletín Oficial da provincia de Ourense e no Diario Oficial de Galicia. Se o último coincidise en festivo, entenderase prorrogado ata o seguinte día hábil.

Ourense, 23 de xullo de 2012

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense