Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 31 de xullo de 2012 Páx. 30470

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sobrado

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual número 1 do Plan xeral de ordenación municipal deste concello.

O Pleno municipal, na sesión extraordinaria do día 23 de xullo de 2012, por unanimidade dos concelleiros asistentes á sesión acordou:

1. Aprobar inicialmente a modificación puntual número 1 do Plan xeral de ordenación municipal de Sobrado para a adaptación da normativa que regula o solo rústico á lexislación vixente.

2. Abrir un trámite de información pública durante o prazo de dous meses, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión da provincia, e dar audiencia simultaneamente durante o mesmo prazo aos municipios limítrofes.

Ao mesmo tempo, solicitar das administracións públicas competentes os informes sectoriais que resulten necesarios.

Durante o prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, os interesados poderán consultar o expediente, nas dependencias municipais, e formular por escrito as alegacións, reclamacións e suxestións que consideren oportunas.

Sobrado, 24 de xullo de 2012

Jacobo Fernández García
Alcalde