1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC).
b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do CIXTEC.
c) Obtención da documentación e información:
1) Dependencia: CIXTEC.
2) Dirección: rúa Domingo Fontán, 9.
3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.
4) Teléfono: 981 54 13 37.
5) Fax: 981 54 12 70.
6) Enderezo electrónico: contratacion.rexistro@cixtec.es
7) Enderezo da internet do perfil de contratante: www.cixtec.es
8) Data límite de obtención da documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.
2. Obxecto do contrato.
a) Nº de expediente: 12-044.
b) Tipo: servizos.
c) Descrición do obxecto: servizo de desenvolvemento de novas funcionalidades no Sistema de información orzamentaria e contable Xumco2 para a elaboración das contas anuais ds entidades adscritas ao sistema.
d) Lugar de execución:
1) Dirección: rúa Domingo Fontán, nº 9.
2) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.
e) Prazo de execución: oito meses desde a formalización do contrato.
f) Admisión de prórroga: non.
g) CPV: 72212000-4.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: pluralidade de criterios.
d) Criterios de adxudicación: os estipulados no prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Valor estimado do contrato.
Importe: 55.000,00 euros.
5. Orzamento base de licitación.
a) Importe neto: 55.000,00 euros. Importe total: 64.900,00 euros.
Distribuído nas seguintes anualidades:
Exercicio 2012: 27.500,00 euros, IVE excluído.
Exercico 2013: 27.500,00 euros, IVE excluído.
6. Garantías exixidas.
Definitiva: 5 % do importe de adxudicación.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: non se exixe.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (de ser o caso): a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación das ofertas.
a) Data límite de presentación de ofertas:
1) Ofertas presentadas en sobre pechado: o prazo de presentación rematará ás 14.00 horas do décimo quinto (15) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. De coincidir o dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación das ofertas rematará o primeiro día hábil seguinte. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición de envío na oficina de Correos e comunicarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (981 54 12 70) no mesmo día.
2) Ofertas presentadas a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (Silex): o prazo de presentación rematará ás 23.59 horas do décimo quinto (15) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.
b) Modalidade de presentación: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1) Documentación presentada en sobre cerrado:
Entidade: CIXTEC.
Enderezo: rúa Domingo Fontán, nº 9.
Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.
2) Documentación presentada a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (Silex): as ofertas deberán presentarse no Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (Silex), accesible a través do portal http://www.xunta.es ou directamente no enderezo http://www.conselleriadefacenda.es/silex
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses.
e) Admisión de variantes: non se admiten.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: CIXTEC.
b) Enderezo: rúa Domingo Fontán, nº 9.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
Mesa pública: criterios cuantificables mediante xuízo de valor:
– Data: o quinto (5) día hábil, contado a partir do seguinte ao de finalización de presentación de ofertas. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reuniríase o primeiro día hábil seguinte, á mesma hora.
– Hora: 10.00 horas.
Mesa pública: criterios evaluables de forma automática por aplicación de fórmulas:
– Data: o décimo primeiro (11) día hábil, contado a partir do seguinte ao de finalización de presentación de ofertas. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reuniríase o primeiro día hábil seguinte, á mesma hora.
– Hora: 10.00 horas.
10. Gastos de anuncios: os gastos de anuncios correrán a cargo do adxudicatario e serán, como máximo, de 10,82 € por liña publicada no DOG.
Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2012
M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable