De conformidade co disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro; despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os propietarios do anexo para seren notificados por comparecencia.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta xefatura territorial situada no Edificio Administrativo de servizos múltiples de Monelos, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.
A Coruña, 9 de xullo de 2012
Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: recurso contra as bases definitivas.
Acto notificado: trámite de audiencia.
Interesados:
Teodoro Díaz Montero.
Francisco Javier Díaz Formoso.
Pedro Teodoro José Díaz Montero.
José Seoane Espiñeira.
María Gloria Cerviño Lagares.
María Esther Cerviño Lagares.
Manuel Cerviño Lagares.
Alberto Díaz Formoso.

