En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei 9/2006, do 28 de abril, de avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, faise pública a decisión de non someter o Plan de canalización do río Louro en Sanguiñeda, concello de Mos, ao procedemento establecido no seu artigo 7.
Esta decisión pódese consultar na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no seguinte enderezo da internet: http://aae.medioambiente.xunta.es/
Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2012
Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental