Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 3 de agosto de 2012 Páx. 31269

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Castroverde

ANUNCIO de información pública sobre licenza para ampliación de construcións agrarias.

José Ovidio Cordero Fernández solicitou neste concello licenza para a ampliación de construcións agrarias (unha nave de vacún de carne libre e foxa de zurro), no lugar da Azoreira, na parroquia de Furís.

De conformidade co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese á información pública por un período de 20 días mediante anuncio no BOP de Lugo, no DOG e no taboleiro de edictos do concello, para que as persoas interesadas poidan examinar o expediente na Secretaría do concello, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, e, de ser o caso, formular os reparos ou observacións que consideren oportunos.

Este anuncio servirá de notificación, ao abeiro do artigo 59.5º da Lei 30/1992, a todos aqueles que sexan descoñecidos ou se ignore o seu paradoiro, ou ben, aos que unha vez intentada esta, non se puidese practicar.

Castroverde, 19 de xullo de 2012

Xosé María Arias Fernández
Alcalde