Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 6 de agosto de 2012 Páx. 31285

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, pola que se ordena a publicación do acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia en relación coa Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia.

Consonte o establecido no artigo 33 da Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional, modificado pola Lei orgánica 1/2000, do 7 de xaneiro, esta dirección xeral dispón a publicación do acordo que figura como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2012

Gonzalo José Ordóñez Puime
Director xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias

ANEXO
Acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral
do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia en relación coa Lei 3/2012,
do 2 de abril, do deporte de Galicia

A Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia, na súa reunión realizada o día 27 de xuño de 2012, adoptou o seguinte acordo:

1º. Iniciar negociacións para resolver as discrepancias manifestadas en relación cos artigos 22 (último parágrafo); 39.2; 83.4; 84.1.b); 72.1 e 3; 148; 152; 153; 154; 155 e 156 da Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia.

2º. Designar un grupo de traballo para propoñerlle á Comisión Bilateral de Cooperación a solución que proceda.

3º. Comunicar este acordo ao Tribunal Constitucional, antes do vindeiro día 14 de xullo de 2012, para os efectos previstos no artigo 33.2 da Lei orgánica do Tribunal Constitucional, así como inserir este acordo no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia.

Madrid, 27 de xuño de 2012. Cristóbal Montoro Romero, ministro de Facenda e Administracións Públicas. Alfonso Rueda Valenzuela, conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.