Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 6 de agosto de 2012 Páx. 31426

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO de convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de xefe/a da Sección de Medio Ambiente e Urbanismo.

No BOP núm. 141, do día 26 de xullo de 2012, aparecen publicadas as bases reguladoras da convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de xefe/a da Sección de Medio Ambiente e Urbanismo.

Os que desexen tomar parte na dita convocatoria deberán presentar a súa solicitude no prazo de quince días hábiles, contados desde o día seguinte ao da presente publicación, no lugar e forma establecidos nas referidas bases.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 31 de xullo de 2012

José Manuel Rey Varela
Alcalde