Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 6 de agosto de 2012 Páx. 31409

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Enerxético de Galicia

ANUNCIO do 20 de xullo de 2012, do Instituto Enerxético de Galicia, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes IN421C/10R07327 e outro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59, 60 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, emprázanse os interesados indicados no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo director do Instituto Enerxético de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Instituto Enerxético de Galicia, sito na rúa Avelino Pousa Antelo, nº 5, 15707, Santiago de Compostela, A Coruña, en horario das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2012.

Eliseo Diéguez García
Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO

Expediente: IN421C/10R07327.

Interesada: Carmen Abuín Regenjo.

Acto que se notifica: resolución de arquivo.

Expediente: IN421D/10R06704.

Interesado: David Vidal Paz.

Acto que se notifica: requirimento de emenda.