Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 7 de agosto de 2012 Páx. 31493

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica LAT 132 kV Larouco-Verín II para alimentación da subestación de Verín II, no concello de Verín (expediente IN407A 2012/26-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira 2, 32960 Velle.

Denominación: LAT 132 kV Larouco-Verín II para alimentación da subestación de Verín II.

Situación: Monterrei e Verín.

Descricións técnicas: LAT subterránea a 132 V de 1.337 m de lonxitude, con condutor RHZ1 76/132 kV 1×630 mm2 Al, e orixe nos apoios 132 e 133 da LAT Larouco-Verín e remate na subestación Verín II.

Orzamento: 1.322.088,24 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 22 de xuño de 2012

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense