Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 7 de agosto de 2012 Páx. 31499

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Mazaricos (expediente IN407A 104/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: praza da Constitución, 15270 Cee (A Coruña).

Denominación: LMT, CT e RBT, Vilariño de Chacín.

Situación: Mazaricos.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión aérea, a 20 kV, cunha lonxitude de 1.185 m, coa orixe en apoio nº 97-4 da LMT aérea ao CT Chacín, condutor tipo LA 56/54,6 mm2, e final no CTI Vilariño de Chacín proxectado.

Centro de transformación intemperie, cunha potencia de 100 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Liña de baixa tensión aérea de CTI Vilariño de Chacín, cunha lonxitude de 385 m, coa orixe no CTI proxectado, condutor tipo RZ, e apoios de formigón.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos afectados polo procedemento de expropiación forzosa figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación ou notificación individual.

É de significar que esta publicación se realiza igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación, ou ben cando, intentada a notificación, non se puidese realizar, e deste xeito dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan sobre estes, de conformidade co artigo 5 da Lei de 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

A Coruña, 5 de xullo de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO
Relación de propietarios bens e dereitos afectados

Expediente nº 104/12. Concello: Mazaricos. Provincia: A Coruña.

LMT, CT e RBT Vilariño de Chacín.

Apoio

Afeccións

Nº predio

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos Enderezo

m2

ml aér.

ml sub.

m2 aér.

m2 sub.

2

Agra de Arriba

Labor

-Elisa Domínguez Romero

Ignorado

5

56

3

Agra de Arriba

Labor

-Hros. Julián Sanmartín García

Chacín-Pquia. Chacín, nº 2,

15258 Mazaricos, A Coruña

19

157

14

Agro do Cobo

Labor

-José Alvite Alvite

Chacín-Pquia. Chacín, nº 15,

15258 Mazaricos, A Coruña

92

906

15

Agro do Cobo

Labor

-José Alvite Alvite

Chacín, Pquia. Chacín, nº 15,

15258 Mazaricos, A Coruña

6

16

Tajillin

Labor

-Manuela Martínez Noya

Chacín, Pquia. Chacín, nº 14,

15258 Mazaricos, A Coruña

¼ 4

1

15

146

17

Agro Cobos

Labor

-Francisco Martínez Noya

Avda. Trece de Abril, A Picota nº 8,

15256 Mazaricos, A Coruña

½ 4

1

57

571

45

Fontelliñas

Monte alto

-Hros. Estrella Romero González

Vilariño, Pquia. Chacín, nº 7,

15258 Mazaricos, A Coruña

24

385

47

Canliño

Monte alto

-Constantino Sieira Bustelo

R/ Cidade de Viveiro, nº 3-4º esqda.,

27002 Lugo, Lugo

36

48

Prado Vello

Monte alto

-Constantino Sieira Bustelo

R/ Cidade de Viveiro, nº 3-4º esqda.,

27002 Lugo, Lugo

72