Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 7 de agosto de 2012 Páx. 31461

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 18 de xullo de 2012 pola que se modifica a autorización do centro privado Agarimo do concello de Arteixo.

A representante da titularidade do centro privado Agarimo, do concello de Arteixo (A Coruña), solicita a autorización para impartir o programa de cualificación profesional inicial (PCPI) de Carpintería e o PCPI de Xardinería e viveiros.

A Xefatura Territorial da Coruña achega o expediente cos correspondentes informes de acordo co Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve.

Por isto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar o programa de cualificación profesional inicial (PCPI) de Carpintería e o PCPI de Xardinería e viveiros, no centro privado que se sinala:

Denominación: CPR Agarimo.

Código do centro: 15020431.

Domicilio: rúa Padre Villa, 30. Laxobre.

Localidade: Arteixo.

Concello: Arteixo.

Provincia: A Coruña.

Titular: Asociación Agarimo.

Composición resultante:

• Educación especial: 5 unidades (psíquicos).

• PCPI Albanelería (15 alumnos/as).

• PCPI Carpintería (15 alumnos/as).

• PCPI Servizos administrativos (15 alumnos/as).

• PCPI Servizos de restauración (15 alumnos/as).

• PCPI Xardinería e viveiros (15 alumnos/as).

• Educación básica para as persoas adultas:

– Ensinanzas básicas iniciais: nivel I e II.

– Educación secundaria para persoas adultas: nivel I e II.

Segundo. Antes da posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan a Xefatura Territorial da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia.

Terceiro. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2012

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria