Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 7 de agosto de 2012 Páx. 31468

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (284/2011).

Neste órgano xudicial tramítase procedemento ordinario 284/2011, seguido por instancia de Carmen González Grille, Manuel Alcalde Gontán, contra Daniel Díaz Ripoll, Fenix Directo, sobre reclamación de cantidade nos que recaeu a sentenza cuxo encabezamento e ditame son do teor literal seguinte:

Sentenza: 97/2012

En Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2010

Vistos por Margarita Isabel Poveda Bernal, maxistrada xuíza titular del Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela os presentes autos de xuízo ordinario 284/2011 seguidos ante este xulgado, entre partes, dunha como demandantes Manuel Alcalde Gontán e Carmen González Grille, con procurador Sr. González-Concheiro Álvarez, e letrado Ángel González-Concheiro Álvarez, e doutra, como demandados, Daniel Díaz Ripoll, en rebeldía, e a aseguradora Fenix Directo Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., con procuradora Sra. Regueiro Muñoz y letrado Sr. Fernández Fernández, sobre reclamación de cantidade, dítase a presente sentenza con base no seguinte:

Ditamino

Que estimando parcialmente como estimo a demanda interposta por Manuel Alcalde Gontán e Carmen González Grille, con procurador Sr. González-Concheiro Álvarez, fronte a Daniel Díaz Ripoll, en rebeldía, e a aseguradora Fenix Directo Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., con procuradora Sra. Regueiro Muñoz, debo condenar e condeno os demandados a pagar conxunta e solidariamente ao demandante a cantidade de tres mil cento sesenta e dous con oitenta e oito euros (3.162,88 €) e á demandante a cantidade de tres mil novecentos doce con setenta e sete euros (3.912,77 €) máis os xuros do artigo 20 LCS respecto da aseguradora codemandada, e os xuros do artigo 576 LAC respecto de ambos os demandados, sen expresa imposición de custas.

Únase a presente ao libro rexistro de sentenzas e autos definitivos civís deste xulgado, e expídase testemuño que se unirá aos autos a que se contrae.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Modo de impugnación: mediante recurso de apelación ante la Audiencia Provincial da Coruña.

O recurso presentarase por medio de escrito neste xulgado no prazo de vinte días hábiles contados desde o seguinte á notificación.

E, para que sirva de notificación en forma ao demandado, Daniel Díaz Ripoll, en ignorado paradoiro.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2012

María Novo López
Secretaria xudicial