Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 7 de agosto de 2012 Páx. 31532

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Antas de Ulla

ANUNCIO de información pública sobre cebadeiro de porcino.

Manuel Hermida Sánchez solicitou desta alcaldía licenza municipal para cebadeiro de porcino que se situará na parcela 79 do polígono 74-Antas de Ulla. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Antas de Ulla, 10 de xullo de 2012

Javier Varela Pérez
Alcalde