Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 7 de agosto de 2012 Páx. 31537

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Portomarín

ANUNCIO de información pública sobre proxecto de construción dunha nave para gando vacún.

Unha vez solicitada a licenza de legalización da actividade do proxecto de construción de nave para gando vacún de leite e foxa de xurro, que se situará en Vilaxuste-Portomarín, e sometida á avaliación de incidencia ambiental, por Frocela, S.C., neste concello tramítase o oportuno expediente.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, procédese a abrir período de información pública por termo de vinte días hábiles –mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia–, que empezarán a contar desde o dia seguinte ao da última inserción, para que quen se vexa afectado dalgún modo pola dita actividade presente as observacións ou reclamacións que considere pertinentes.

O expediente obxecto desta información pódese consultar nas oficinas municipais en horario de oficina.

Portomarín, 5 de xullo de 2012

Juan C. Serrano López
Alcalde