Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 8 de agosto de 2012 Páx. 31706

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

DECRETO 168/2012, do 26 de xullo, polo que se aproba o escudo do Concello de Lugo.

O Concello de Lugo considerou conveniente organizar correctamente o seu escudo municipal e, de acordo coas facultades que lle confiren as disposicións legais vixentes, elevou a proposta e o informe histórico-heráldico, coas correspondentes representacións gráficas, para a súa aprobación definitiva.

A competencia exclusiva en materia de adopción, modificación ou rehabilitación dos emblemas heráldicos e bandeiras dos concellos e doutras entidades locais correspóndelle á Comunidade Autónoma galega, segundo o disposto polo artigo 27.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

O expediente tramitouse conforme as normas de procedemento establecidas na Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local; na Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia; no Decreto 19/2010, do 11 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia, e no Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das corporación locais, aprobado polo Real decreto 2568/1986, do 10 de decembro.

Na súa virtude, unha vez visto o informe emitido pola Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia, por proposta do titular da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e seis de xullo de dous mil doce,

DISPOÑO:

Artigo único.

Aprobar o escudo do Concello de Lugo, que figura como anexo, organizado de conformidade co seguinte brasonamento:

De azur (azul), a torre con torre alta de prata (branco), aclarada de gules (vermello), acostada de dous leóns enfrontados de ouro (amarelo), linguados e armados de gules; enriba, o cáliz de ouro, coa hostia de prata, radiante de ouro, flanqueado de dous anxos orantes sobre nubes, ao natural. Bordura de prata coa consabida divisa «Hoc hic mysterium fidei firmiter profitemur» en letras de sable (negro). Ao timbre, a coroa real.

Santiago de Compostela, vinte e seis de xullo de dous mil doce

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Alfonso Rueda Valenzuela
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

missing image file