Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 10 de agosto de 2012 Páx. 32191

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 23 de xullo de 2012 pola que se extingue a autorización do centro privado Litocentro, do concello de Ourense, por cesamento de actividades docentes.

A titular do centro privado Litocentro, do concello de Ourense, solicita a extinción da autorización por cesamento de actividades.

O expediente tramtítase de conformidade co Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve.

Por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Extinguir, de conformidade co artigo 17.1 do Decreto 133/1995, por cesamento nas súas actividades docentes, por instancia da titular do centro, a autorización do centro privado que se sinala a continuación:

Denominación: CPR Litocentro.

Código do centro: 32015633.

Domicilio: rúa Francisco de Moure, nº 2, baixo.

Concello: Ourense.

Provincia: Ourense.

Titular: Rosa María Gándara Rodríguez.

Ensinanzas que se extinguen: todas as autorizadas (ciclo formativo de grao medio de Perrucaría en quenda de mañá e de tarde-noite).

Segundo. A presente extinción da autorización dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2012

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria