Mediante a Orde do 23 de marzo de 2012 convocouse concurso de méritos específico entre funcionarias/os de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
En aplicación do disposto no artigo 6 da citada convocatoria, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
DISPÓN:
Primeiro. Facer pública, no anexo a esta orde, a adxudicación definitiva dos postos obtidos no concurso público convocado pola referida orde.
Segundo. De conformidade co disposto no artigo 8 da citada orde, os seleccionados quedarán adscritos aos postos obtidos con data do 1 de setembro de 2012 por un período dun ano e un máximo de seis, e con reserva do posto de traballo de orixe.
Terceiro. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2012
Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
ANEXO
|
Apelidos e nome |
DNI |
Denominación da praza |
|
Lage Gil, Eva María |
33333662S |
Once-Lugo |
|
Quiroga Fernández, Manuel |
34934544M |
Consellería de Traballo e Benestar-Centro de Montealegre (Ourense) |
|
Gómez Vázquez, Ruth |
33184340D |
Consellería de Sanidade-Hospital Clínico (Santiago de Compostela) |
|
Fernández Rodríguez, Julia |
36003774B |
Consellería de Sanidade-Hospital Islas Cíes (Vigo) |
|
Estévez Estévez, Nieves |
34959058R |
Consellería de Sanidade-Complexo Hospitalario de Ourense |
|
Porta Rodríguez, Mª Mar |
76413789S |
Consellería de Sanidade-Hospital Arquitecto Macide (Ferrol) |
|
Formoso Fojo, Mª del Carmen |
35440083G |
Consellería de Sanidade-Hospital Provincial de Pontevedra |
|
Vázquez Vázquez, José Luis |
33842270R |
Ministerio de Educación, Cultura y Deporte (Programa Escolas Viaxeiras)-Lugo |
|
Sánchez Gómez, Emilio M. |
33817765Z |
Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home Galicia-Lugo |
|
Senra Arnaiz, Jesús |
40854025E |
IES A Sardiñeira-A Coruña |
|
Cambón Mariño, Mª Cristina |
32798771N |
Asociación de Diminuídos Psíquicos de Santiago-Aspas (Santiago de Compostela) |

