Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 17 de agosto de 2012 Páx. 33023

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se resolve a convocatoria pública (nº LD-01/2012) para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de xefe do Servizo de Atención Primaria (SAP Caranza).

Convocada por Resolución nº LD-01-2012, do 11 de maio (DOG nº 113, do 14 de xuño), a provisión dun posto de xefe do Servizo de Atención Primaria (SAP Caranza), polo sistema de libre designación, esta xerencia de xestión integrada, á vista das solicitudes e méritos acreditados polos aspirantes, de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como no artigo 3 da Orde do 24 de maio de 2006, pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio (DOG nº 109, do 5 de xuño), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e Orde do 15 de xuño de 2009 (DOG nº 119, do 15 de xuño), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, modificada pola Orde do 3 de xullo de 2009 e pola Orde do 29 de setembro de 2011,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de xefe do Servizo de Atención Primaria (SAP Caranza), realizada mediante Resolución nº LD-01-2012, do 11 de maio (DOG nº 113, do 14 de xuño).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa relacionada no anexo á presente resolución.

Terceiro. O réxime de cesamento na praza de orixe e de toma de posesión da praza adxudicada será o establecido no artigo 26 da Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

Contra a presente resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, recurso de alzada, perante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Ferrol, 26 de xullo de 2012

Ángel José Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol

ANEXO

Posto de traballo: xefe do Servizo de Atención Primaria (SAP de Caranza).

Nome e apelidos: Pena Cartelle, Susana Beatriz.

DNI: 32653356-A.