Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 20 de agosto de 2012 Páx. 33292

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Ferrol (expediente IN407A 340/2008).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: modificado do proxecto LMTS, CT estrada de Catabois.

Situación: concello de Ferrol.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea a 15 kV, cunha lonxitude de 0,242 km, coa orixe no apoio de formigón proxectado na liña de media tensión aérea existente (SMR-711), en tramo comprendido entre o CT Restrebas (expediente 7.306) e a derivada ao CS Carlos Díaz, condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV.3(1×240 Al), realizando entrada e saída no CT proxectado.

Centro de transformación non prefabricado, cunha potencia de 400 kVA, e relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º e 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 18 de xullo de 2012

P.A. (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009; DOG nº 117, do 17 de xuño)
Juan Ignacio Lizaur Otero
Xefe do Servizo de Enerxía e Minas