Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 20 de agosto de 2012 Páx. 33316

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de licitación (S-17/2012).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Subministracións. b) Número de expediente: S-17/2012.

2. Obxecto do contrato: arrendamento dun sistema integral de xestión de impresión con pagamento por copia para o Concello da Coruña.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto con diversos criterios de adxudicación.

4. Orzamento base de licitación: 150.000 € anuais, IVE incluído.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación: web municipal (perfil do contratante): www.coruna.es
Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71 c) Correo electrónico:
suministros@coruna.es d) Enderezo: praza de María Pita, 1-2º.

7. Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: ata o 29 de agosto de 2012, finalizando ás 13.00 horas. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ao día hábil seguinte. b) Documentación que cómpre presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións técnicas e económicas: a) Lugar: vexáse punto 6. b) Data e hora: publicarase no taboleiro de anuncios de Contratación e/ou no perfil do contratante.

10. Outras informacións: véxase o prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 26 de xullo de 2012

Rosa Mª Gallego Neira
Tenente de alcalde de Contratación